Un club moderno e actualizado <,centrado no deportista e no benestar

TI DECIDES CÓMO COMEZAR

RUNNING OU TAEKWONDO: Tan simple como camiñar, manterte en forma ou competir. Marca o teu ritmo, desfrútao paso a paso e compárteo co teu club. Dende participar nuna andaina, correr en asfalto ou trail, ata practicar Taekwondo cos seus beneficios.
 

Para máis información envíanos unha mensaxe privada nas nosas redes sociais ou ben ó correo electrónico biosbardoclub@gmail.com

 

 

 

TAEKWONDO

PAZO DOS DEPORTES DE LUGO

Adestramentos semanais no Pazo dos Deportes de Lugo, de 18:30 a 20 horas, luns, mércores e venres.

Os nosos deportistas contan coa súa pertinente ficha federativa sufragada polo C.D. BIOSBARDO

Podes escoller se manterte en forma ou competir, ti marcas os teus límites e a túa velocidade.

 

 

No Pazo dos Deportes, grazas á colaboración da Deputación contamos con case 90 metros de zona de adestramento. Ademáis o dende o club facilitamos todo o material necesario para a práctica deportiva, prevención de lesións, tonificación e contamos con 110 metros de tapiz propio así como de pesonal titulado e colexiado.

RUNNING

Sinxelo, ó teu ritmo e nivel. O C.D. BIOSBARDO facilitarache a equipación e tódalas facilidades para que poidas practicar deporte, andaina, carreira, cross, trail... ¡TI DECIDES!

Participarás nas quedadas do club e escollerás aquelas probas nas que queiras tomar parte, desafíate e avanza con nós.

FUNDADO EN 2016

A NOSA HISTORIA

No ano 2016 un grupo de persoas decide crear un club deportivo novo, de carácter aberto e centrado no deportista, que consiga dar tódalas facilidades ó mesmo e apoialo no seu progreso. O club fúndase en marzo de 2016 destinado á práctica do Taekwondo e afiliado á Federación Galega votando os socios fundadores nome de club e logo. Escóllese o símbolo da árbore da vida por representatividade, comezando así a nosa andadura. O club medra, participando en campionatos provinciais, galegos e campionatos de España colleitando unha cantidade de éxitos.

Xa en 2017 o afán deportivo dos nosos socios impulsa a chegada do "running" creando así unha nova opción dentro da entidade: o atletismo chegou e quedouse. Os nosos deportistas non só acadan títulos en moi variadas carreiras senón que actualmente participan cada semana nos eventos de toda a xeografía, dende andainas, carreiras populares, cross e trail.

No ano 2018, a chegada de novos socios, de deportistas entusiasmados tanto de Taekwondo como de Atletismo fai que abramos as portas a un cambio de nome e imaxe, máis acorde e aberto a toda práctica deportiva.

Relanzamos a entidade como CLUB DEPORTIVO BIOSBARDO