¿Un club aberto donde compartir a paixón polo deporte ?

A promoción do deporte, saúde e benestar son a nosa razón de ser.

Para nós o importante é vivilo e desfrutalo. Ti escolles o teu ritmo, nivel e cómo queres avanzar... Podes ser 'runner' e tamén ser taekwondista, dende unha andaina ata un 'Ultra'; ó teu ritmo pero con moita ledicia en cada paso. No C.D.Biosbardo estamos orguiosos dende os grupos de iniciación ata ós competidores internacionais.

 


Deporte e saúde

Pensamos en ti

Con paciencia e traballo, sempre xuntos, adestramos, competimos e divertímonos e tódalas facetas que a práctica do Taekwondo, Running e o deporte en xeral, máis a convivencia nos brindan día a día.


Amizade e convivencia

A felicidade o primeiro

A nosa base é a amizade, o diálogo e o benestar de tódolos socios e socias. En cada actividade social ou en cada adestramento a convivencia é primordial


Superación

Conquista as túas metas

Canda deportista é unha peza dun todo. Motivación, ánimo, esforzo, perseverancia, cortesía, espíritu indomable son algúns dos nosos principios..

Ti decides cómo e cando facer deporte, nós queremos que o desfrutes

-CENTRADOS NO DEPORTISTA-

A participación de tódolos socios e deportistas do club vai enfocada a acadar o benestar poñendo ó alcance do deportista tódalas facilidades para a práctica do deporte en xeral, dende a dispoñibilidade de material para exercicios de propiocepción ou rehabilitación así como a práctica ós distintos niveis de Running e Taekwondo

RUNNING

Ó teu ritmo

Ti decides cómo e donde, nós buscamos que o desfrutes

TAE KWON DO

Adrenalina e equilibrio

Practica por pracer e compite se o desexas, non te poñas límites

FELICIDADE

Compárteo en equipo

Dende o primeiro paso compartimos retos e éxitos